Seguridad Laboral

Previsel fomenta a cultura da prevención entre os futuros profesionais

Medio milleiro de estudantes de Formación Profesional de centros de Ourense e A Coruña participaron activamente no programa do Salón da Prevención e Seguridade Laboral que está ofrecendo 30 actividades formativas.

Óscar Gómez

Ourense |

Previsel fomenta a cultura da prevención entre os futuros profesionais
Previsel fomenta a cultura da prevención entre os futuros profesionais | onda cero

Previsel cumpre 17 edicións fomentando a cultura preventiva entre empresarios traballadores e futuros profesionais a través dun completo programa de actividades formativas. O Salón da Prevención e Seguridade Laboral comezou en Expourense, é a única cita de Galicia centrada neste sector e que sirve de punto de encontro de todos os axentes involucrados na prevención que traballan co mesmo obxectivo: acadar a sinistralidade cero a través da anticipación e a prevención para evitar a intervención dos servizos de emerxencia.

Esta 17ª edición de Previsel foi inaugurada nun acto no que participaron a xerente do Instituto de Saúde e Seguridade Laboral de Galicia, ISSGA, Adela Quinzá- Torroja; o director xeral de Interior e Emerxencias, Santiago Villanueva; o deputado de Representacións Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e a presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, CEO; Marisol Novoa. A xerente do ISSGA, que presidiu o acto inaugural por delegación expresa da Conselleira de Promoción de Emprego que non puido acudir, incidiu en que os novos modos de traballar, con Intelixencia Artificial e tecnoloxía moi avanzada, ten que chegar a conseguir que o “traballo do futuro sexa máis seguro”.

Adela Quinzá-Torroja tamén puxo en valor o papel de Previsel no fomento da cultura preventiva entre as futuras xeracións de profesionais. Un feito que quedou patente nesta primeira xornada na que participaron preto de 500 alumnos e alumnas de distintos centros de Secundaria e Formación Profesional de Ourense e do IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña. Participaron estudantes de ciclos de Coidados auxiliares de enfermería, farmacia, perruquería, construción, etc. que asistiron a actividades concretas da súa actividade pero que despois aproveitaron tamén para formarse en primeiros auxilios ou en facer prácticas de RCP impartidos por Cruz Vermella Ourense ou en recibir información sobre hábitos saudables no stand da xefatura territorial da Consellería de Sanidade.

Previsel fomenta a cultura da prevención entre os futuros profesionais
Previsel fomenta a cultura da prevención entre os futuros profesionais | onda cero

A estes alumnos hai que engadir os distintos profesionais que participaron nas actividades e que acudiron de xeito individual.

Os alumnos e alumnas de perruquería e estética dos distintos centros formativos da cidade participaron hoxe na xornada do ISSGA sobre prevención de riscos en manicuras e tratamentos de pestanas facendo referencia a que é unha profesión con riscos pola exposición prolongada a produtos químicos sendo moitos profesionais do sector mulleres novas en idade de procrear.

Entre as actividades levadas a cabo destacou o obradoiro de limpeza e sutura de feridas organizado polos sindicato UGT e que convocou a medio cento de asistentes que practicaron a sutura nunha man de porco. Tamén se celebrou esta mañá a xornada sobre riscos laborais derivados da implantación da Intelixencia Artificial e que reuniu a máis de 100 asistentes de toda Galicia. A participación dos sindicatos completouse co seminario organizado por CC.OO: Ourense sobre o papel na empresa do delegado ou delegada en prevención. Tamén chamaron a atención os obradoiros sobre manexo de extintores impartidos entre Bombeiros de Ourense e Protección Civil de Barbadás. Por outra parte, a Fundación Laboral da Construción de Galicia aproveitou un ano máis a celebración de Previsel para organizar unha xornada sobre prevención de riscos e as oportunidades de traballo no sector da construción.

No exterior do recinto de Expourense puido visitarse o posto de Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias, AXEGA, e a súa unidade de drons de rescate . Tamén participan vehículos de primeira intervención da Deputación de Ourense, e de Protección Civil Ourense e de Barbadás.

Nesta primeira xornada, Previsel recibiu tamén a visita do Helicóptero do 061 que estivo xestionada por TESGALICIA. A Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia está a celebrara as súas sétimas xornadas de formación na que tamén están participando profesionais do INEM, a entidade homóloga a Tesgalicia en Portugal.

A actividade desta primeira xornada incluíu ademais a mes redonda sobre seguridade en edificación na que participaron representantes dos colexios profesionais vencellados á construción.

Polo que respecta a área expositiva, Previsel 2024 conta cunha trintena de participantes entre os que destacan empresas como a galega Emergalia, que sempre participa neste evento e á que nesta edición se sumaron tres empresas de fora de Galicia: Prevor, Mapa Professional e Mundo Carretilla. Participa ademais a Asociación Española contra o Cancro que conta cun stand informativo.