Colexio Luis Vives

Premios do concurso "falemos cos nosos fillos/as"

O sábado 20 de novembro ás 12:00 horas no Colexio Luis vives terá lugar a entrega dos premios do concurso "Falemos cos nosos fillos/as"

Onda Cero Ourense

Ourense | 19.11.2021 13:59

Premios do concurso "falemos cos nosos fillos/as"
Premios do concurso "falemos cos nosos fillos/as" | Onda Cero Ourense

Con motivo da celebración o vindeiro 20 de novembro do DIA MUNDIAL DA INFANCIA, desde o Colexio Luis Vives a través do seu Departamento de Educación Infantil, pretenden impulsar actividades onde as familias interactúen dunha maneira divertida e sobre todo Educativa, cos seus nenos máis pequenos.

É nesta liña, propoñen este concurso no cal, un ou varios membros da unidade familiar (nai, pai, irmáns, avós,…) debe realizar unha entrevista sobre calquer tema aos seus pequenos da casa.

Unha actividade divertida, na que os nenos e nenas vanse sentir protagonistas e seguramente aportarán cousas moi interesantes.

Bases do concurso

  • As familias, con NENOS/AS MENORES DE 6 ANOS, que desexen participar deberán recoller dita entrevista, sobre calquer temática (amigos, deportes, colexio, xogos, libros,…..) nun arquivo en formato de vídeo ou audio, de duración aproximada dun máximo de 3 minutos.
  • O material foi enviado por os participantes antes do 15 de novembro no enlace creado ó efecto

Premios

Todos os participantes recibirán un obsequio e ademáis os 3 primeiros, (os que consideren máis orixinais, divertidos) … levarán a maiores un Premio adicional.

Entrega de premios

O sábado día 20 de novembro, con motivo da celebración do Día Mundial da Infancia, nas instalacións do Colexio Luis Vives terá lugar unha Festa na que estará presente LUVI que entregará os Premios a todos os concursantes desta Actividade dirixida a considerar aos nosos pequenos, considerados como un piar básico da Sociedade, polo que debemos cuidalos, protexelos e sobre todo ESCOITALOS, xa que seguro que teñen moito que dicir.