Natación

A piscina Rosario Dueñas reunirá este fin de semana a elite da natación galega

Participarán 343 nadadores e nadadoras de 30 equipos.

Óscar Gómez

Ourense |

A piscina Rosario Dueñas reunirá este fin de semana a elite da natación galega
A piscina Rosario Dueñas reunirá este fin de semana a elite da natación galega |

A piscina municipal Rosario Dueñas reunirá esta fin de semana en Ourense os máis destacados valores da natación na comunidade, coa disputa do Campionato Galego de Natación Absoluto e Júnior – Xunta de Galicia. O torneo, que reunirá 343 deportistas 189 na categoría masculina e 154 na feminina, pertencentes a 30 equipos diferentes.

O campionato está organizado por Club Natación Pabellón Ourense e a Federación Galega de Natación, coa colaboración do Concello de Ourense, o Consello Municipal de Deportes de Ourense, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, a Fundación Deporte Galego e o Inorde.

Comezará o venres, 5 e continuará o sábado, 6 e o domingo, 7. Nas sesións de mañá disputaranse o Campionato Galego Júnior e as eliminatorias do Campionato Galego Absoluto, e nas sesión de tarde desenvolveranse as finais do Campionato Galego Absoluto.

Con este evento, a Piscina Rosario Dueñas volve a acoller de forma consecutiva un espectáculo deportivo do máis alto nivel, logo de ser escenario durante a fin de semana pasada do Campionato de España de natación artística nas categorías Alevín-Promoción e Infantil – Segunda División.