A Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia participou na feira Fruit Attraction celebrada en IFEMA (Madrid) entre os días 3 e 5 de outubro. Contou co seu propio espazo no stand de AGACAL, consolidando así a súa presenza nun punto de referencia nacional e internacional do sector hortofrutícola.
Dita feira atrae a máis de 90000 visitantes de 137 países, e contou coa participación de 2000 empresas expositoras. A presenza da IXP neste importante foto amosa o compromiso do organismo en promover a calidade e autenticidade da Pataca de Galicia en mercados nacionais e internacionais.
A participación permitiu dar a coñecer as cualidades únicas do produto e resaltar os estándares de calidade e autenticidade que o distinguen. Este espazo cedido por AGACAL deu lugar a unha gran interacción con profesionais do sector e ao establecemento de novos contactos comerciais.
A IXP agradece a AGACAL e a todos os visitantes o seu interese na Pataca de Galicia.