Fútbol

Partido benéfico contra o cancro de mama

O partido será entre o club EFF Rosalía e Mulleres de Ourense, ás 20:00 horas do 19 de outubro no campo de fútbol Campus de Ourense.

Óscar Gómez

Ourense | 07.10.2022 08:08

Partido benéfico contra o cancro de mama
Partido benéfico contra o cancro de mama | Faro de Vigo

Con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, a Asociación pon en marcha a campaña “O rosa é máis que unha cor”, polo que terá lugar o 19 de outubro un partido benéfico contra o cancro de mama. Levouse a cabo o acto de presentación do partido benéfico cunha rolda de prensa na sede provincial da Asociación. O partido será disputado entre o club EFF Rosalía e Mulleres de Ourense, ás 20:00 horas do 19 de outubro no campo de fútbol Campus de Ourense.A entrada ten un custo de 5 euros, tamén pódese realizar unha colaboración ca causa a través da fila cero: ABANCA ES68 2080 0475 5630 4000 0077.

A recadación do partido benéfico é para a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense. O club EFF Rosalía aportará en gran medida a tódalas xogadoras que teña dispoñible e queiran participar no evento, e o grupo Mulleres de Ourense estará conformado por mulleres dos diferentes grupos políticos, do sector da comunicación, do sector sanitario, do sector empresarial, entre outros.

A rolda de prensa da presentación do partido estivo dirixida por Olga Mojón e Germán Rodríguez-Saá, vicepresidenta e presidente da Asociación respectivamente, coa presenza de Yuse Vázquez, vicepresidente do club EFF Rosalía; Montse Estévez, representante do grupo Mulleres de Ourense; Armando Ojea, teniente-alcalde do Concello de Ourense; Bernardino González, asesor de deporte da Deputación de Ourense; Natalia González, representante do grupo municipal do PSOE; Ana Morenza, representante do grupo municipal do PP; Pepe Araújo, representante do grupo municipal Ciudadanos; Ruth Reza, representante do grupo municipal do BNG e Mónica Villanueva, directora da área Vicerreitoría Campus de Ourense.