Ourense Cidade

Ourense súmase ao reto de reciclaxe "aumenta un 10% as achegas o contendor amarelo"

Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro e Cambados son os 15 concellos que participarán nesta segunda edición do Reto

Óscar Gómez

Ourense | 12.02.2021 08:48

Ourense súmase ao reto de reciclaxe "aumenta un 10% as achegas o contendor amarelo"
Ourense súmase ao reto de reciclaxe "aumenta un 10% as achegas o contendor amarelo" | El Correo Gallego

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración con Ecoembes, a organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases en España, retoman en 15 concellos galegos a campaña de incentivo da reciclaxe “Únete ao reto”, logo de suspendela en 2020 por mor do confinamento.

Ourense é un dos concello que se suma este reto e mañá, venres, de 8.00 a 15.00 horas, terá instalado na praza do Bispo Cesáreo un colector amarelo onde figurará toda a información e poderán recollerse pequenos agasallos da campaña.

Unha mellora do 10% e un premio de 2.000 euros.

Este reto, convocado do 1 de febreiro ao 30 de abril, parte dunha premisa moi sinxela: os concellos participantes que melloren, cando menos, nun 10% a súa achega ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) respecto ao mesmo período do ano pasado, conseguirán un premio dotado con 2.000 euros que terán doar a unha causa social local da súa elección. Durante a última campaña, recolléronse 3,47 quilos de plástico por habitante. Haberá que superar, daquela, a cifra de 3,8 quilos por habitante.

Coa colaboración dos concellos para implicar á cidadanía

Para conseguir que os concellos superen o Reto, están programadas unha serie de accións de comunicación coas que preténdese comprometer aos concellos e á cidadanía na mellora das cifras de reciclado de envases de plástico, latas e briks, nos seus respectivos municipios.

É por isto que durante os 3 meses de duración do reto, desenvolveranse diferentes actividades de grande impacto e poder de comunicación como son a instalación de contedores amarelos xigantes e stands/colectores, a planificación de intensas campañas en medios de comunicación e redes sociais etc. que teñen como finalidade animar á cidadanía a participar á vez que se lles aprende como reciclar mellor.

En www.uneteaoreto.com atópase toda a información sobre como separar correctamente os residuos e será onde se publiquen os quilos recollidos cada mes de campaña en cada municipio.