Festival de cine

O Ourense Film Festival lanza o Concurso de Longametraxes da 28º edición

O prazo para a inscrición das longas remata o 15 de xullo; o 28º OUFF celébrase do 29 de setembro ao 8 de outubro.

Óscar Gómez

Ourense | 21.06.2023 08:10

O Ourense Film Festival lanza o Concurso de Longametraxes da 28º edición
O Ourense Film Festival lanza o Concurso de Longametraxes da 28º edición | onda cero

O Ourense Film Festival (OUFF) segue traballando na súa edición número 28 e, tras abrir a competición de películas galegas, publica agora as bases do Concurso Oficial de Longametraxes. O certame cinematográfico de carácter internacional e competitivo máis lonxevo de Galicia, celebrará edición do 29 de setembro ao 8 de outubro. A sección oficial de longametraxes conta con oito galardóns, incluída a Calpurnia á melor película dotada con 12.000 euros e trofeo; ademais, os premios OUFF Carlos Velo á mellor dirección, dotado con 4.000 euros, OUFF Especial do Xurado, con 3.000 euros, e OUFF á mellor interpretación e mellor guión, dotados tamén con 3.000 euros cada un deles. A mesma dotación que o Premio do Público, concedido ao filme que obteña unha maior puntuación ponderada tras os votos emitidos polos espectadores. Ademais, os galardóns paralelos: o Premio OUFF Eduardo Barreiros á opera prima (con 3.000 euros de dotación) e o CIMA, concedido pola Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales (CIMA) á mellor directora. A inscrición de longametraxes, ata o 15 de xullo.

As bases da competición oficial do 28º OUFF indican que as incricións das películas deben facerse, de maneira gratuíta, nas seguintes canles: as plataformas on line: FESTHOME e CLICK FOR FESTIVAL, o correo oficial do festival ouff@depourense.es, e, tamén poden ser enviadas físicamente en DVD ou Blue Ray á sede do festival: Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF2023), Centro Cultural Marcos Valcárcel, Rúa Progreso, 30. 32003 Ourense. O OUFF, cuxas proxeccións teñen lugar en diferentes recintos de Ourense como os Multicines Ponte Vella, Auditorio, Cine Club Padre Feijóo e Teatro Principal, require que as películas a competición estean producidas en 2022 e 2023 e que non fosen exhibidas ou editadas comercialmente antes do 29 de setembro deste ano. Poderán ser obras de ficción, animación ou documentais, siempre que teñan unha duración superior aos 60 minutos.

Premios competición oficial OUFF

A sección oficial de longametraxes conta con oito galardóns, incluída a Calpurnia á mellor película dotada con 12.000 euros e trofeo -en 2022 o galardón recaíu en Restos do Vento (Portugal/Francia), de Tiago Guedes-. Ademais, os premios OUFF Carlos Velo á mellor dirección, dotado con 4.000 euros, OUFF Especial do Xurado, con 3.000 euros, e OUFF á mellor interpretación e mellor guión, dotados tamén con 3.000 euros cada un deles. A misma dotación que o Premio do Público, concedido ao film que obteña unha maior puntuación ponderada tras os votos emitidos polos espectadores. A maiores, os galardóns paralelos: o Premio OUFF Eduardo Barreiros á ópera prima do cinema español estreada entre setembro de 2021 e setembro de 2022 (con 3.000 euros de dotación) e o CIMA, concedido pola Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales (CIMA) á mellor directora.

Todos os galardóns da sección oficial de longametraxes, excepto o do público, serán outorgados por un xurado designado pola organización entre profesionais do mundo cinematográfico, audiovisual, medios de comunicación e cultura.