Cooperación

Ourense acollerá o III Partido Benéfico contra o Cancro de Mama

O partido benéfico contra o cancro de mama terá lugar o 19 de outubro no campo municipal de Oira entre a EFF Rosalía e Mulleres de Ourense ás 19:30 horas.

Óscar Gómez

Ourense | 10.10.2023 08:06

Ourense acollerá o III Partido Benéfico contra o Cancro de Mama
Ourense acollerá o III Partido Benéfico contra o Cancro de Mama | onda cero

Con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, a Asociación pon en marcha a campaña “O rosa é máis que unha cor”, grazas ao “rosa” conseguíronse grandes avances fronte ao cancro de mama, pero queda moito por conseguir: impulsar unha maior participación en detección precoz, reducir o impacto emocional e social e ter máis investigación en cancros de mama complexos.

Coma anos anteriores, presentouse a terceira edición do Partido Benéfico contra o Cancro de Mama na sede provincial da asociación española contra o cancro de Ourense. O partido será disputado entre o club EFF Rosalía e Mulleres de Ourense, ás 19:30 horas do 19 de outubro, no Campo Municipal de Oira.

A entrada ten un importe de 5 euros, tamén pódese realizar unha colaboración coa causa a través da fila cero: ABANCA ES68 2080 0475 5630 4000 0077. A recadación do partido benéfico é para a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense.

O club EFF Rosalía aportará en gran medida a tódalas xogadoras que teña dispoñible e queiran participar no evento, e o grupo Mulleres de Ourense estará conformado por mulleres dos diferentes grupos políticos, do sector da comunicación, do sector sanitario, do sector empresarial, entre outros.

A presentación estivo marcada pola presencia de diversos organismos da cidade, como dúas representantes do corpo de policía local de Ourense e xogadoras do equipo Mulleres de Ourense; Montse Estévez, representante do equipo Mulleres de Ourense e periodista da COPE; Yuse Vázquez, vicepresidente da EFF Rosalía; Camilo Díaz, presidente do Ourense CF; Erea Blanco, concelleira do grupo municipal do BNG; Inmaculada Moreiras, portavoz e concelleira do grupo municipal do PP; Alba Iglesias, concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE; Natalia González, concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE; Patricia Torres, diputada provincial de política social de la Diputación de Ourense; Aníbal Pereira, concelleiro de deportes do Concello de Ourense; Ana Fernández, concelleira de asuntos sociais do Concello de Ourense; Armando Ojea, tenente-alcalde do Concello de Ourense; Carmen Aragonés, a xerente da asociación; e Olga Mojón, a vicepresidenta da asociación.

A xerente Carmen destacou “Para nós, o rosa é mais que unha cor. É detección precoz, é prevención e é investigación. Queremos agradecer moito a todos os colaboradores e patrocinadores como o Concello de Ourense, Diputación de Ourense, Consello Municipal de Deportes, EFF Rosalía, Ourense CF, Mulleres de Ourense e os grupos municipais PSOE, PP e BNG”.

A vicepresidenta Olga declarou “aínda queda moito por facer e por iso, desde a Asociación queremos recuperar a orixe da cor rosa, a través da campaña ‘O rosa é máis que unha cor’. Volver a ese movemento social para continuar mellorando a calidade de vida das pacientes con cancro de mama”.