Atletismo

A nova xeración de ouro do atletismo galego logra oito medallas nos nacionais

Fantástico campionato de España o disputado pola nosa selección galega no día de hoxe en Pamplona durante o transcurso do nacional de campo a través para as categorías Sub18 e Sub16.

Óscar Gómez

Ourense | 20.03.2023 07:52

A nova xeración de ouro do atletismo galego logra oito medallas nos nacionais
A nova xeración de ouro do atletismo galego logra oito medallas nos nacionais | onda cero

Nada menos que un total de oito medallas (catro ouros e catro bronces) colleitaban os nosos combinados nunha xornada moi importante que será lembrada como a que se puxo de manifesto a enorme calidade de toda unha nova xenaración de enormes talentos que darán moitísimo que falar nun futuro que se agarda moi esperanzador e ilusionante.

A primeira alegría comezaba moi cedo na primeira das carreiras. A nosa selección galega Sub16, que xa daba avisos do que podía facer, tomaba a saída as 11.00 horas sobre unha distancia de 5km. Nunha carreira moi ben controlada polas nosas, Sabela Castelo, confirmando a súa imparable progresión, conseguía facerse co título de campioa de España, precedendo en dous postos á unha non menos sensacional Sabela Martínez quen tamen subía ao podio no terceiro lugar. Xunto elas completaban unha sensacional actuación, Paula Fernández 8ª; Carmen Martínez, 9ª; Dameku Paniagua 13ª e Debris Paniagua 14ª. Con estos importantes resultados a nivel individual a nosa seleción lograba proclamarse campioa de España por diante dos combinados de Catalunya e Euskadi.

Ca alegría ainda no corpo do equipo técnico galego integrado por Mayka Jueguen, Marcos Otero e Oscar Seoane, dábase a saída a segunda carreira reservada para a categoría Sub16 masculina. Sobre un percorrido idéntico ao das mulleres, novamente as boas novas non se fixeron agardar xa que outro dos nosos prometedores talentos, Alex Sierpes lograba unha contundente victoria proclamándose campión de España. Por seleccións Galicia ocupaba a sexta posición grazas aos postos de Roque González 16º; Mario Lorenzo 43º; Gael Varela 45º e Alejandro Santos, 50º e Daniel Ameneiro, 68º.

Con estos importantes resultados logrados pola selección Sub16, saltaban ao circuito ás Sub18 femininas ao fronte das cales atopábase unha das principais favoritas ao título, Xela Martínez. A de Lugo, quen fora derrotada por María Viciosa no campionato de cros de Bizkaia, confirmou novamente como xa fixera no mundial de Australia, que é a mellor da súa categoría a nivel nacional. Por si houbera alguna mínina dúbida, hoxe novamente lograba o título de campioa de España liderando á selección galega a ese fantástico podio por equipos ao que contribuiron decisivamente Sara Guedes no posto 23ª; Leyla Villar no 24º; Sandra Gonzalez no 38º; Estela Díaz no 54º e Amparo Corredoira no 60.

Nunha mañá pletórica de éxitos para as nosas seleccións, ainda quedaba por competir o último dos equipos galegos, os Sub18, que sairían ao circuito tremendamente motivados polo sensacional decorrer do campionato para os interesese galegos que se estaban producindo.

Liderados nunha gran carreira polo lucense Teo de Frutos, o fondista conseguía a sétima das medallas logo de entrar na línea de meta na terceira posición . Con esta nova medalla á nosa selección lograba subir novamente ao podio grazas tamen ao gran traballo en conxunto que levaron a cabo Miguel Alvariño quen lograba a cuarta posición; Asheber Díaz a 11º; Iker Fernández a 23º; Pepe Sánchez a 41º e Anxo Bello que entraba no posto 57º e quenes reportaban un novo bronce neste fantástico campionato que pon en valor a enorme calidade desta ilusionante canteira que está chamada no día de mañán a abandeirar a nivel internacional o noso atletismo.