Concello de Ourense

Mellora no espazo de xogos do parque infantil de Santa Teresita

Os traballos centraranse nesta fase na reparación do chan de caucho da área de xogos, que sumará mais de 600 novos metros cadrados de chan continuo absorbente a impacto. En conxunto, investiranse 48.356,25 euros.

Estes traballos forman parte das actuacións que leva a cabo a Concellería de Medio Ambiente dentro do plan de mellora dos parques infantís da cidade de Ourense.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, lembra que esta acción “dálle resposta a unha demanda amplamente solicitada pola veciñanza do barrio, e continuamos a traballar para ir avanzando na mellora de máis zonas infantís por toda a cidade e o seu perímetro rural”.

Óscar Gómez

Ourense | 04.11.2021 13:28

Mellora no espazo de xogos do parque infantil de Santa Teresita
Mellora no espazo de xogos do parque infantil de Santa Teresita | onda cero

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, inicia os traballos de reposición do chan da zona de xogos do parque infantil de Santa Teresita, que sufriu un forte deterioro debido a actos vandálicos. A actuación enmarcase no conxunto de traballos deseñados no Plan de melloras de Parques infantís da cidade, que sumará actuacións en 70 parques da cidade.

A obra consiste na reposición completa do chan das zonas de xogos infantís do parque. Os traballos, que suman un importe global de 48.356,25€ euros, permitirán a instalación de mais de 600 metros cadrados de chan continuo absorbente de impactos de Playtop no espazo dos xogos infantís.

Obras no parque de Santa Teresita
Obras no parque de Santa Teresita | onda cero

Para o concelleiro Jorge Pumar, esta instalación permitirá mellorar a seguridade dos rapaces no uso dos distintos xogos e ademais dará resposta a unha demanda moi solicitada da veciñanza do barrio de Santa Teresita. “Con esta acción damos resposta a unha demanda amplamente solicitada pola veciñanza do barrio, e continuamos a traballar para ir avanzando na mellora de máis zonas infantís por toda a cidade e o seu perímetro rural”.