Sanidade

Médicos ourensáns mobilízanse contra a precariedade laboral

A incorporación de 35 médicos especialistas nos hospitais de Ourense non satisface aos profesionais.

Jesús Álvarez

Ourense | 25.04.2024 10:19

Médicos ourensáns do colectivo Fiou volveron a mobilizarse para demandar do Sergas máis persoal e estabilidade laboral e para poder ofrecer servizos de máis calidade aos pacientes. O doutor Pablo López Mato valorou positivamente as novas incorporacións de 35 especialistas na provincia de Ourense pero decidiron seguir manifestándose todolos mércores.

Noa Presas reclama a sanidade un reforzo mínimo para Ourense

Noa Presas reclama a sanidade un reforzo mínimo para Ourense
Noa Presas reclama a sanidade un reforzo mínimo para Ourense | Onda Cero

Presas advertiu no Pleno dos problemas de seguridade e sobrecarga laboral que vén denunciando o persoal da UCI dende a reforma deste servizo, unha “boa nova sobre o papel” que na práctica adoece dos recursos precisos. A nova UCI, subliñou, abriu hai catro meses, o mesmo tempo que o persoal leva dirixíndose á xerencia do hospital e mobilizándose para advertir das “deficiencias materiais e procedimentais” detectadas tras o traslado ás novas instalacións.

O BNG non pon en cuestión as novas instalacións, que son precisas “moi especialmente nun hospital como o de Ourense que basicamente é o dos remendos” , aclarou Presas, advertindo que “é de malos xestores investir oito millóns de euros e que haxa os problemas materiais que denuncia o persoal, e que se incumpra o rateo de persoal recomendado”.

A deputada nacionalista lembrou ademais ao conselleiro que este non é o único conflito aberto na sanidade pública de Ourense, onde tamén está a protestar a persoal de urxencias, a comisión de centro, o colexio de médicos, ou o persoal de Atención Primaria. “Cando hai tantas voces e tan diferentes poñendo en riba da mesa a saturación e a falta de persoal na cidade ourensá é porque hai un problema real que vostedes non queren ver”, concluíu Noa Presas.