Luis Seara tamén se referíu ó posicionamento dos nacionalistas sobre as modificacións de creto por importe de máis de 22 millóns de euros que o Alcalde pretende aprobar co apoio da oposición reiterando que votarán en contra ata que Jácome non presente un borrador de orzamentos a negociar, sinalando que non queren ser seus "tontos útiles non ser seu pagafantas".
Ademáis doutros asuntos confirmou que está listo o atestado da policía local sobre o caso do coche do edil de infraestructuras que se levou por diante un valado na rúa Vicente Risco, pero que de momento non deron traslado do mesmo á oposición polo que "parece que algúns coches do grupo de goberno condúcense eles solos".