Concello de Ourense

Jácome avanza cambios na organización e funcionamento do Concello cunha nova RPT

Gonzalo Pérez Jácome reuniu o persoal responsable das xefaturas de servizo para informar das novidades “Hai novos tempos, que non teñen por que ser peores para os funcionarios pero que desde logo van ser mellores para os cidadáns”.

Óscar Gómez

Ourense | 06.09.2023 08:03

O P.P. rexeita “a actitude intimidatoria do alcalde de Ourense"
Gonzalo Pérez Jácome | La Regio

O alcalde avanza a elaboración dunha nova relación de postos de traballo (RPT), a incorporación de máis persoal directivo e o axuste e avaliación das retribucións do persoal, en función do rendemento. “Hai novos tempos, que non teñen por que ser peores para os funcionarios pero que desde logo van ser mellores para os cidadáns”, asegurou o alcalde.

Pérez Jácome explicou a folla de ruta para o inicio deste mandato. En primeiro lugar, explicou, “facer unha nova relación de postos de traballo”, da que citou varias claves: será máis simple, desaparecerán moitas das subdivisións que hai na actualidade, suprimirase algunha xefatura de servizo, e fusionaranse departamentos municipais. Con esta nova RPT, incorporarase tamén un reaxuste e avaliación dos salarios por parte do goberno municipal: “os soldos poden flutuar. O que non imos facer é manter os soldos máis altos ca a Xunta e o Estado español en postos equivalentes, e traballar menos”, afirmou.

Pérez Jácome avanzou tamén que o Concello incorporará máis persoal directivo a través de novas prazas ás que poderá optar persoal do Concello pero tamén funcionariado doutras administracións. Os postos, explicou o rexedor, adxudicaranse por libre designación “como fan a Xunta de Galicia e o Estado español, porque saben que para traballar operativamente, os directivos teñen que escollerse por libre designación”. Engade a este respecto que “moitísimas leis son interpretables, e se tes un xefe de servizo que lle dá por interpretalas sempre ao revés, pode ralentizar calquera cousa”. Cita como exemplo actual as obras no Concello de Ourense: “estamos facendo moitísimas obras porque desactivamos os técnicos que freaban todo”.