POLÍTICA MUNICIPAL OURENSE

Jácome anuncia que valora suspender a ORA a partir de 2025

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome lembra que a ORA foi mal planificada e que o contrato está "anticuado e vencido"

Jesús Álvarez

Ourense |

O Concello de Ourense suprimirá a ORA nos próximos meses
O Concello de Ourense suprimirá a ORA nos próximos meses | onda cero

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome anunciou nun comunicado que “o aparcamento de pago nas rúas da capital podería ter os dias contados” porque o goberno local “valora suspender a ORA a partir de Xaneiro de 2025”. Segundo sinala, ao non existir a obriga de manter en vigor un contrato por un servizo xa expirado, o goberno municipal sinala que Concello de Ourense estuda notificarlle á concesionaria que deixe de executar un contrato “anticuado e vencido”.

A posteriori, unha vez que se ultime o prego de condición para un novo contrato, seguiranse os procedementos para levar a pleno a supresión definitiva da actual ordenanza polo que según Jácome, a decisión estará en mans “da maioría plenaria” e se non se aproba, non haberá novo contrato ate finais de 2025 polo que confia no apoio á cancelación.

No comunicado remitido polo goberno municipal aos medios sinálase que das 1000 prazas existentes hai máis de 20 anos reducíronse ate as 750 actuais, debido principalmente as peatonalizacións ou á creacion de zonas de carga e descarga. Sinala que no futuro a cifra reducirase ainda máis con restriccións en ruas céntricas, novas zonas de carga e descarga así coma instalación de bases para recarga de bicis e coches eléctricos polo que o número de prazas da ORA baixará tamén das 500.

Sinala o alcalde que o sistema da ORA naceu dun “concepto erróneo de rotación non executado e que foi un mala idea”.

Doutra banda dende o goberno municipal ourensán sinalan que están a “valorar a extensión a outras zonas da cidade da proba piloto de aparcamento express gratuito próximas a colexios coma o realizado en San Francisco. Tamen se permitirá que os residentes poidan aparcar de noite en zonas de carga e descarga.