Supermercados Gadis lanza unha segunda edición da campaña de apoio aos produtores locais "Moito Que Contar" co obxectivo de poñer en valor e mostrar o importante labor que desenvolven á hora de abastecer os lineais dos seus establecementos de produtos frescos, saudables e sostibles. "Moito Que Contar" tamén pon o foco en destacar os múltiples beneficios de consumir produto local, tanto para o consumidor, como para a contorna, valores que comparte a empresa 100% galega desde a súa fundación.
Nesta segunda edición acúñase o termo de “A Antemesa”, un momento previo á comida, onde o protagonismo tómano os produtos e a súa historia.
A campaña está formada por oito pezas de vídeo que mostran de primeira man as historias que hai detrás de diferentes produtores de Galicia e Castela e León. A peculiaridade da mesma atópase en que a voz que narra cada unha das pezas correspóndese ao propio produto que chega ao lineal de Supermercados Gadis: unha leituga, un grelo, unha pescada…
Cun ton próximo e desenfadado, os diferentes produtos contan como é a súa vida e o seu día a día desde que nacen, ata que chegan ás mesas de cada cliente de Supermercados Gadis. Isto permite ao público ser consciente de todo o esforzo, agarimo e tradición que fai do produto local algo único, engadindo un valor engadido ao seu consumo.
As distintas pezas que confoman a campaña pódense ver en https://muchoquecontar.com/, unha web propia desta edición de “Moito Que Contar” onde tamén se atopa información complementaria.