Día das letras galegas

Gadis celbra o día das letras galegas achegando ás rúas versos de autores ilustres

Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Xohana Torres, Uxío Novoneyra, Manuel Antonio, Lois Pereiro e Xosé Neira Vilas son os oito autores que reprensentan á nosa literatura nesta iniciativa

Óscar Gómez

Ourense | 16.05.2022 09:43

Gadis celbra o día das letras galegas achegando ás rúas versos de autores ilustres
Gadis celbra o día das letras galegas achegando ás rúas versos de autores ilustres | onda cero

Supermercados Gadis é a responsable dos versos que, dende o pasado mes de abril, comezaron a aparecer escritos en 220 pasos de peóns, muros e fachadas de 50 edificios de diversas localidades galegas levantando a expectación e espertando o interese dos veciños. Este era, precisamente, o obxectivo desta acción da compañía: poñer o foco na cultura galega sumando unha nova acción, ao fío do Día das Letras Galegas, a todas as que se levan a cabo ao longo do ano tanto nos puntos de venda, como nas campañas de publicidade e nas redes sociais. Como empresa 100% galega, o compromiso de Gadis é firme co noso idioma e a nosa literatura.

Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Xohana Torres, Uxío Novoneyra, Manuel Antonio, Lois Pereiro e Xosé Neira Vilas, oito autores de épocas diferentes e moi representativos das nosas letras, foron os escollidos para reproducir os seus textos na acción “Versos na rúa”. A intención é que os cidadáns teñan a oportunidade de coñecer e disfrutar desta selección de pezas da literatura galega na súa vida cotiá.

Entre os dez versos que se poden ler, atópanse o significativo “Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén”, de Neira Vilas, “No xardín unha noite sentada, ó refrexo do branco luar”, de Curros Enríquez, “Os bos e xenerosos a nosa voz entenden”, de Eduardo Pondal ou “Chove para que eu soñe...” de Uxío Novoneyra.

Unha ruta polas letras galegas que se pode seguir por trece localidades: A Coruña, Lugo, Ourense, Betanzos, Carballiño, Foz, Muros, O Barco, Ordes, Ribeira, Sarria, Verín e Viveiro. Tamén é posible transitar dixitalmente a través do site habilitado gadisletrasgalegas.gal e nos perfís de redes sociais @versosnarua. As localizacións das “pintadas”:https://bit.ly/versosruamapa

Adhesivos vinílicos nos Gadis

O luns 16 de maio, todos os Gadis de Galicia regalarán, ata fin de existencias, 80.000 adhesivos vinílicos coa selección de versos que se reproduciron nas rúas para dar maior visibilidade e potenciar o coñecemento destes autores entre os miles de clientes da compañía nesta comunidade.

Homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán

Supermercados Gadis tamén rende homenaxe ao autor a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas repartindo na mesma data 30.000 marcapáxinas e 30.000 bolsas de papel reciclado cunha imaxe de Florencio Delgado Gurriarán.

Máis de dúas décadas apoiando a cultura en Galicia

O traballo de Gadis a prol da difusión da literatura galega é ininterrompido dende fai más de dúas décadas. Outro dos exemplos é a edición impresa de máis de 360.000 exemplares de obras literarias escritas por autores emerxentes e máis consagrados, dirixidas a diferentes públicos e de xéneros diversos co obxectivo de a que a máis ampla representación das letras galegas chegue á sociedade.