O folclore chega un ano máis ao Concello de Ramirás, que acolle este ano a súa décimo sétima edición do Festival Internacional Rebulir (FIR). Convértese novamente no berce do certame que avoga dende os seus inicios por achegar mostras da cultura e tradición a tódolos públicos, cunha gala central o sábado 17 no polideportivo de “O Picouto” ou tamén coñecido como “Rogelio García Yáñez”.
O director artístico do FIR, Alexandre Sotelino, destacou as cifras da edición dicindo que “rachamos récord en número de artistas, máis de 200; en número de asistentes á gala, con máis de 700 entre artistas e público; en número de organizadores, con 60 personas; e
tamén co número de actividades paralelas dentro da comarca de Celanova e na capital ourensá, que foron un éxito e teñen todas as prazas cubertas”.
Enfatizou na dinamización cultural, turística, económica e social que ten o festival chegando a tódolos espazos do Concello de Ramirás como a escola infantil, o centro de maiores ou o centro de saúde, novidade importante este ano. Sotelino quixo agradecer os
40 colaboradores e patrocinadores entre administracións públicas, entidades privadas e o tecido económico, social e cultural da Comarca de Celanova que participan có evento, diciendo que “esta simbiose de tódolos entes implicados fai posible que se celebre un
certame que cada ano aumenta en calidade”.
O director artístico do FIR definiu o festival coma un “proxecto” e destacou a súa vertente pedagóxica como “unha aperta a diversidade, dende o rural, que pon en valor o noso có dos outros: a nosa tradición, a nosa cultura, as nosas paisaxes ou a nosa gastronomía, entre outras. Non se trata de buscar as diferenzas, senon de atopar e compartir as similitudes”. E terminou dicindo que “o FIR son días para aprender a convivir coas tradicións, coa música e coa cultura de raíz”.
Na súa intervención, o vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Luis Fernández, recordou o nacemento do festival en 2006 cun “claro obxectivo que non é outro que acercar a cultura, aprender doutras, propiciar a convivencia intercultural,
desenrolar habilidades sociorrelacionais e dinamizar a comarca de Celanova dende tódolos ámbitos, non só o cultural que por suposto tamén, senon co económico, turístico, promocional, social e o pedagóxico”. E rematou diciendo que “a Deputación de Ourense
cre, participa, colabora e coopera có rural e coa cultura e cun evento que está totalmente consolidado”.
Nesta, XVII edición do certame, entregaranse de novo os Premios Rebulir da Cultura Galega 2022, a agrupación lucense Fuxan Os Ventos (Música Galega), ao actor e narrador oral lalinense Celso Fernández Sanmartín (Artes Escénicas) e ao escritor ourensán Xosé
Luis Méndez Ferrín (Premio Homenaxe). Tamén haberá un recoñecemento á comunidade emigrante por parte da Xunta de Galicia e do Concello de Ramirás.