Infraestructuras

Fejóo prioriza co alcalde de Valdeorras melloras sanitarias

O titular do Goberno galego trasladoulle ao rexedor que se está a estudar a posibilidade de chegar a un acordo con Castela León para compartir profesionais co Hospital do Bierzo en Ponferrada. Ademais, avanzoulle que se priorizará ao máximo a cobertura da praza de traumatoloxía do Hospital Comarcal.

Óscar Gómez

Ourense | 29.09.2021 09:47

Fejóo prioriza co alcalde de Valdeorras melloras sanitarias
Fejóo prioriza co alcalde de Valdeorras melloras sanitarias | onda cero

O titular do Goberno galego trasladoulle ao rexedor que se está a estudar a posibilidade de chegar a un acordo con Castela León para compartir profesionais co Hospital do Bierzo en Ponferrada. Ademais, avanzoulle que se priorizará ao máximo a cobertura da praza de traumatoloxía do Hospital Comarcal.

A maiores, Feijóo lembrou as reformas que se están a executar no Hospital Comarcal. Xa están en execución a reforma de Consultas Externas, cun financiamento de 0,48 millóns de euros, e está pendente de formalizarse o contrato que permitirá comezar a reforma do hospital de día, oncoloxía, área dixestiva, unidade de cirurxía maior ambulatoria e farmacia, cun investimento previsto de 0,90 millóns de euros.

No eido social, o presidente da Xunta valorou o convenio asinado co Concello para cofinanciar a ampliación da escola infantil municipal por un importe de 90.000 euros, que se suman aos 150.000 euros achegados a través dun convenio asinado en 2018.

En materia de infraestruturas, Feijóo salientou que se está a executar a renovación da avenida do Bierzo. Este proxecto, que conta un investimento de 0,78 millóns de euros, permitirá incrementar a seguridade viaria no contorno do colexio Divina Pastora.

O titular do Goberno galego tamén incidiu nas melloras da drenaxe e do firme do Camiño de Inverno realizadas a través do Plan Director do Camiño 2015-2020. Nesta liña, trasladoulle ao alcalde que se está a estudar a solicitude de modificación do trazado deste Camiño.