A Concellería de Educación do Concello de Ourense iniciou esta mañá no Xardín do Posío a actividade "Ourense Medieval". Estudiantes do centro EPA O Couto foron os primeiros en participar nesta proposta formativa, na que coñecen como era a cidade e como vivía a súa veciñanza durante a Idade Media, utilizando diferentes fontes históricas que se conservan (documentos, edificios, rueiro...) Os participantes realizan unha visita guiada polo centro histórico, acompañada de material didáctico e dun caderno de traballo. A continuación, escenifican diferentes situacións históricas vinculadas ao concello medieval ourensán.
O concelleiro de Educación, Antonio Fernández, asistiu a esta primeira actividade do "Ourense medieval", na que participarán un total de 376 alumnos/as de 9 centros escolares ao longo deste curso.
Estas visitas didácticas están enmarcadas dentro do Programa “Coñece a túa cidade”, que ten como obxectivos integrar a vida escolar na vida da cidade, facilitarlles aos escolares coñecementos concretos e dinámicos sobre a súa cidade e coñecer e valorar o patrimonio ourensán.