MÁS DE UNO OURENSE

Controlado un lume forestal que se reactivou en Oseira

O lume rexistrado no concello ourensán de Cea queimou máis de 30 hectáreas na mesma zona na que arderan arredor de 58 hai unha semana

Jesús Álvarez

Ourense | 28.08.2024 09:21

Incendio Forestal en Oseira (Cea)-Ourense
Incendio Forestal en Oseira (Cea)-Ourense | Incendios Galicia (Rede social X)

Baixo control un lume forestal na parroquia de Oseira no concello ourensán de San Cristovo de Cea onde arderon máis de 30 hectáreas según informou a Consellería do Medio Rural que confirmou que se trata dunha "reproducción" dun lume rexistrado a pasada semana na mesma zona na que arderon 58 hectareas na sua meirande parte de superficie arborada.

O lume declarábase perto das cinco e media da tarde do martes e chegaron a mobilizarse 7 avións e 8 helicópteros, 14 motobombas, 2 pás, 14 axentes, 18 brigadas, 3 técnicos así coma dous equipos de bombeiros en formación procedentes de Estonia que se atopan en galicia e que xa interviron noutros incendios rexistrados na comunidade nestes días do verán.

Dende a Consellería do Medio Rural lembran que está ao dispor da cidadanía o teléfono gratuíto 085 para alertar de calquera lume e o 900 815 085 para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria que se produza.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora