O Consello da Xunta de Galicia nomeou novos delegados territoriais entre os que figura o de Ourense; posto que recae en Manuel Pardo Cid.
Pardo é funcionario da administración autonómica e exercía ata o momento, e dende xullo do 2015, como xefe territorial de Presidencia, Xustiza e Deportes. O presidente Rueda tamén deu a coñecer outros nomeamentos entre os que figuran varios ourensáns.
Así, a presidenta da xestora local do PP, Victoria Nuñez, é a nova directora da Axencia de Legalidade Urbanística; Iago Borrajo pasa a ser novo secretario xeral técnico da Consellería de Vivenda e Infraestructuras; o ex delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén pasa a ser director xeral de Comercio e Consumo; Xosé Manuel Merelles continuará sendo director da Axencia de Turismo de Galicia e tamén repite no seu cargo como secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.
Dado que algúns deles son parlamentario electos, a lista do PP podería correr varios postos.