Cultura

A Deputación promoverá en Madrid o libro de Conde-Corbal “Ourense moi cerca”

O obxectivo da obra -cuxa primeira edición é propiedade da Deputación- é achegar Ourense a Madrid, introducindo a nosa provincia nun mercado de máis de 7 millóns de persoas.

Óscar Gómez

Ourense | 15.01.2024 08:06

A Deputación promoverá en Madrid o libro de Conde-Corbal “Ourense moi cerca”
A Deputación promoverá en Madrid o libro de Conde-Corbal “Ourense moi cerca” | onda cero

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo co xornalista e intelectual Moncho Conde-Corbal, autor do libro “Ourense moi cerca”, que reflicte as oportunidades que ofrece para Ourense o feito de que estea a pouco máis de dúas horas e cuarto de Madrid, algo impensable hai anos.

“Precisamente o obxectivo do libro é achegar Ourense a Madrid, introducindo a nosa provincia nun mercado de máis de 7 millóns de persoas que pode coñecer as nosas bondades e potencialidades, que moitas veces estaban esquecidas por mor da lonxanía”, sinala Menor, quen define este libro como “unha obra exquisita, moi ben feita e coidada, polo que se realizará unha presentación en Madrid, con prescriptores de opinión.

Segundo explica o autor da publicación, Moncho Conde-Corbal, os colaboradores do libro son xornalistas de renome e prescriptores de opinión, co toque de calidade fotográfico da man de Mani Moretón, que cedeu a imaxe de portada. “A presentación do libro en Madrid é unha excelente idea, tendo en conta que a primeira edición do mesmo tamén é propiedade da Deputación como apoio a esta obra.