Ourense Provincia

A Deputación financia as obras do centro cívico de Castrelo de Miño

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial unha reunión de traballo con membros da directiva da asociación Castro de Santa Lucía de Freásde, acompañados polo alcalde do municipio, Avelino Pazos

Óscar Gómez

Ourense | 18.01.2024 08:12

A Deputación financia as obras do centro cívico de Castrelo de Miño
A Deputación financia as obras do centro cívico de Castrelo de Miño | onda cero

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial unha reunión de traballo co secretario e tesoureiro da asociación de Veciños de Santa Lucía de Freás do Concello de Castrelo de Miño, Ramón Méndez e José Manuel Fernández, respectivamente, que acompañados polo alcalde do municipio, Avelino Pazos, visitaron a Deputación.

O presidente provincial lembrou que a Deputación financia as obras do centro cívico do Castro de Santa Lucia de Freás no que xa se está a acometer a súa ultima fase. Na xuntanza, Luis Menor comprometeuse a colaborar tamén coa posta en marcha do museo etnográfico, “un proxecto de gran relevancia para a contorna, pero tamén para toda a provincia en xeral, porque exporá neste espazo toda a cultura tradicional da zona”.

Luis Menor aproveitou o encontro para agradecer a esta asociación “o seu compromiso co territorio que se materializa ao longo de todo ano cun variado programa de actividades que contribúe a dinamizar a vida social e cultural da zona”. Mostra do traballo que realiza esta entidade que conta cun cento de asociados é que “lograron recuperar unha máscara do Entroido que levaba en desuso máis de 50 anos”, salientou o presidente provincial.