Será a segunda ocasión na que o combinado galego tome parte na proba máis importante do calendario a nivel estatal, logo do seu debut na edición do ano pasado disputada na localidade catalana de Berga. A proposta do responsable de Trail Iván Sangiao, o Director Técnico David Ferrer facía pública no día de onte a composición da Selección Galega de Trail na que estará presente, liderando a categoría masculina, o campión galego deste ano Pablo Camescasse.
Xunto ao atleta do C.D. Delikia, estarán tomando parte tamén o actual subcampión galego e campión na edición do 2015 Amador Pena do S.D. Compostela; Manuel Piñeiro do Atletismo Cambados; Roberto Tuñas do Atletismo Negreira e Rubén Ínsua do C.A.Sar.
Por parte da categoría feminina, e ante a ausencia por motivos de axenda da campioa galega Silvia Casal, será a subcampioa autonómica desta edición, e campioa do ano pasado Verónica Calvo do Atletismo Sar, quen asuma a capitanía da selección. Xunto á mesma defenderán as cores da selección a medallista no galego de Trail Carla Trillo do Ría de Foz; Inés Ramos do Atletismo Sar; Patricia Varela do At. Arenteiro e Beatriz Barroso do Atletismo Noia.
A selección quen chegará un día antes a Navarra, empleará o tempo en facer unha revisión do circuito que servirá para analizar todos aqueles aspectos e variables que poidan incidir no resultado.
Para o responsable do sector da FGA Iván Sangiao, ¨Vai ser un percorrido moi rápido a onde acudirán os mellores especialistas da distancia xa que se xogan as prazas para o campionato mundial da modalidade¨ De igual modo apuntaba aos obxectivos do equipo autonómico, ¨Contamos cun combinado que mistura experiencia e unha gran motivación polo que os nosos obxectivos serán os de seguir medrando e intentar mellorar os resultados globais do ano pasado¨