Concello de Ribadavia

O Concello de Ribadavia cambiará a pista do Pavillón de deportes

Tamén contempla a mellora das bancadas e de material deportivo do pavillón municipal.

Óscar Gómez

Ourense | 27.04.2023 08:58

O Concello de Ribadavia cambiará a pista do Pavillón de deportes
O Concello de Ribadavia cambiará a pista do Pavillón de deportes | onda cero

A subvención convocada a finais de marzo é da Secretaría Xeral para o Deporte e vai dirixida a concellos para a mellora de instalaciónsdeportivas de titularidade municipal, así como para a adquisición de materialdeportivo, e pode chegar aos 50.000 euros a executar en dous anos, 2023 e 2024.

Cada concello só pode solicitar unha infraestrutura, polo que Ribadavia

decidiu centrar esforzos na pista do Pavillón, que leva moitos anos sen investimentos, a pesar de que hai outras que taménprecisan melloras, coma o campo do Xestal.

Desde o Concello o seu portavoz, Brais Fidalgo, manifestábase esperanzado de que a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta conceda esta subvención a Ribadavia, aínda que recorda que o proxecto total ascende a máis de 160 mil euros, polo que continúan defendendo que a mellor forma de colaborar entre as administración públicas nestes casos é a través deconvenios bilaterais para ampliar os compromisos de mellora desta infraestrutura deportiva tan importante na comarca do Ribeiro.

BraisFidalgo continúa defendendo que Xunta, Concello e Deputación asinen un convenio de colaboración na quetodas as partes se comprometen a financiar as melloras necesarias no Pavillón de Ribadavia, sendo o máisurxente o cambio de Pista. Ademais, este tipo de convenios deixa aberta a posibilidade de máis melloras como por exemplo no Campo doXestal ou a construción dunha nova piscina municipal.

Recorda o portavoz municipal que ademais esta convocatoria é compatible co remanente que o Concello terá desde o 1 de xaneiro de 2024, cando se pechen os prestamos bancarios máis importantes que van deixar un remanente de arredor de 450 mil euros para investimentos.

Recordase sempre que o de Ribadavia é undos pavillóns con maior actividade da provincia, e que este cambio de pista éunha petición respaldada pola maioría de clubes deportivos de Ribadavia e abonados do propio pavillón. A pesar disto, desde a Deputación, que neste período ten realizadonumerosas modificacións orzamentarias con outros concellos, decide non colaborar con Ribadavia. Por iso se lle demanda un convenio bilateral ou unha subvención nominativa para o pavillón de Ribadavia.