Ourense Capital

O Concello precinta outro establecemento por exercer a actividade sen autorización

Exercía actividade de café-bar especial sen licenza de actividade nin acto previo comunicado

Adriana Ochoa Arévalo

Ourense | 27.07.2020 14:10 (Publicado 27.07.2020 14:04)

 Pub La Botica
Pub La Botica | Concello de Ourense

A Policía Local procedeu esta mañá ao precinto do pub La Botica, por exercer actividade de café-bar especial sen licenza de actividade nin acto previo comunicado.

Unha vez desestimadas tanto as alegacións á providencia da Concellería de Urbanismo e o recurso de reposición presentado polo titular, ordenouse de forma inmediata o precintado do local da praza do Correxidor número 4. Así, e por orde da Concellería de Urbanismo, a Policía Local procedeu ao precintado do local.

“Non consentiremos que se incumpra a lei”, insiste a concelleira Sonia Ogando