Ourense Provincia

O Concello de Pereiro súmase á iniciativa "Espazos sen fume"

Esta iniciativa é unha proposta da Asociación Española contra o Cancro para promover a creación de ambientes libres da exposición ao fume nocivo do tabaco tradicional e electrónico, en espazos abertos de uso público e colectivo.

Óscar Gómez

Ourense | 30.11.2022 08:49

O Concello de Pereiro súmase á iniciativa "Espazos sen fume"
O Concello de Pereiro súmase á iniciativa "Espazos sen fume" | onda cero

Esta iniciativa é unha proposta da Asociación Española contra o Cancro para promover a creación de ambientes libres da exposición ao fume nocivo do tabaco tradicional e electrónico, en espazos abertos de uso público e colectivo, con independencia da súa titularidade pública ou privada. É xerar contornas saudables para protexer a nosa saúde e previr enfermidades. Xurde como unha acción concreta para apoiar e complementar a estratexia actual fronte ao tabaquismo fixando a mirada, sobre todo, na protección da saúde dos menores.

Búscase promover unha vida libre de fume que protexa sobre todo á poboación xuvenil. Desnormalizar o hábito de fumar en espazos convivenciais públicos, reforzando o papel modélico positivo dos adultos en relación co consumo de tabaco. Incentivar o abandono do hábito tabaqueiro e axudar no proceso.

O plan de actuación consiste na presentación da iniciativa, onde o concello propón 3 opcións a espazos libres de fume. Na presentación, na Casa do Concello, estiveron presentes Germán Rodríguez-Saá, presidente da asociación; Luis Menor, alcalde do Concello do Pereiro; Pilar Conde, responsable da área de cultura do Concello do Pereiro; Belén Pérez, profesional da Asociación.

Unha vez coñecida a iniciativa comézase a selección do espazo, isto realízase a través dunha votación onde pode participar toda a poboación a través da páxina web do Concello do Pereiro de Aguiar. A votación poderá levarse a cabo en www.pereiro.gal , tamén poderase acceder a través dos canles dixitais:

Facebook Concello do Pereiro de Aguiar

Instagram: @concellodopereirodeaguiar

Twitter: @ConcelloPereiro

Os espazos seleccionados para votar no Pereiro son: Arredores do centro escolar Ben Cho Shey, ruta Os Muíños do río Loña, e o entorno do Centro de Maiores dos Gozos. Unha vez chegado á fecha límite para finalizar a votación, levárase a cabo un acto no espazo máis votado pola poboación e así poder sinalizalo como o “espazo sen fume” do Pereiro.

Con esta iniciativa preténdese evitar que a poboación siga sendo involuntariamente fumadora pasiva contribuíndo a diminuír, a longo prazo, mortes prematuras e enfermidades crónicas, entre elas o cancro. Impulsar a creación de espazos de lecer e/o traballo en zonas exteriores sen tabaco e ver pola saúde pública anticipándose á obrigatoriedade da lei, cooperando así na consecución das metas da Comisión Europea de reducir os fumadores a menos do 5% en 2040.