Ourense Cidade

O Concello de Ourense comezará a reparar os espazos termais dañados polas inundacións

Gonzalo Pérez Jácome lembra “o alto prezo que estamos a pagar por ter planificado ter as termas en zonas inundables”

Óscar Gómez

Ourense | 24.01.2023 07:47

Chavasquiera inundada polas ultimas choivas
Chavasquiera inundada polas ultimas choivas | onda cero

O Concello de Ourense comeza a reparación dos espazos termais municipais e prevé abrir o día 1 de febreiro Outariz, e o 15 do mesmo mes as Termas do Muíño e a Chavasqueira.

Estes traballos, que comezarán de maneira inmediata, contemplan diversas actuacións para arranxar os danos causados pola crecida do río Miño. En palabras do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, “este é o alto prezo que estamos a pagar por haber planificado ter as termas en zonas inundables”.

Segundo os danos cuantificados, en Outariz faise necesaria a reparación do camiño de acceso, os vestiarios, e diversos equipos de fontanería como as bombas utilizadas. Equipos que tamén hai que reparar no Muíño da Veiga e na Chavasqueira, sempre que non continúen inundados, xa que nestes lugares hai que esperar a que baixe máis o caudal de auga do Miño.