Medio Ambiente

O Concello organiza visitas ao bosque de Ridimoas entre alumnado de ESO e Bacharelato

Os 153 escolares que participarán do programa descubrirán a situación do bosque e a súa historia, o clima único e a súa flora e fauna.

Óscar Gómez

Ourense | 06.05.2021 12:08

O Concello organiza visitas ao bosque de Ridimoas entre alumnado de ESO e Bacharelato
O Concello organiza visitas ao bosque de Ridimoas entre alumnado de ESO e Bacharelato | La Region

A Concellaría de Educación organizará, no mes de maio, visitas con alumnado de ESO e Bacharelato ao bosque da Asociación Ecolóxica Cultural Ridimoas dentro do seu programa de Educación e Saúde Medio Ambiental.

A actividade pretende que o alumnado teña un contacto directo co noso entorno e que desenvolva unha actitude de respecto cara á natureza. Para iso, daráselle a coñecer, de forma multidisciplinar, o Bosque de Ridimoas e o seu ecosistema, traballando o caderno de campo do itinerario elaborado pola guía e os seus colaboradores. Os 153 escolares que participarán do programa descubrirán a situación do bosque e a súa historia, o clima único e a súa flora e fauna.

Inician a actividade os alumnos do CPR Miraflores este venres, 7 de maio, saíndo do seu centro ás 11.30 horas para ir até o instituto de Ribadavia onde visitarán a exposición permanente da asociación, en primeiro lugar.