Concello de ourense

A CHMS inviste máis de 40.000 euros na limpeza do río barbana

Os traballos consiten na mellora da conectividade lonxitunidal da canle e na eliminación de tapóns , cinco operarios traballarán durante un mes e medio en máis de 3 Km.

Óscar Gómez

Ourense | 15.06.2022 08:16

A CHMS inviste máis de 40.000 euros na limpeza do río barbana
A CHMS inviste máis de 40.000 euros na limpeza do río barbana | onda cero

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa traballando na limpeza das canles e marxes dos ríos de Ourense, obras nas que o investimento previsto para 2022 supera o 2,4 millóns/€.

As catro brigadas destinadas na provincia de Ourense están a levar a cabo estes días actuacións de mellora da capacidade de drenaxe dos ríos Arnoia, Salas, Miño, Sil, Bubal e Barbaña, nos concellos de Allariz, Calvos de Randín, Nogueira de Ramuín , A Peroxa e San Cibrao das Viñas.

Actuacións en San Cibrao das Viñas

Máis polo miúdo, no río Barbaña, ao seu paso polo concello ourensán de San Cibrao das Viñas, a actuación comprende unha lonxitude de 3,1 km no que se mellorará a capacidade hidráulica da canle. Os traballos consisten na retirada de numerosas árbores caídas no dominio público hidráulico e zona de servidume, madeiras que provocan atascos en infraestruturas de paso e árbores en pé seco, con risco de caída sobre o dominio público hidráulico e zona de servidume.

Estas actuacións completaranse con podas e raleos sanitarios para mellorar a estabilidade da vexetación e facilitar o caudal nas enchentes, reducindo así o risco de asolagamento; Así mesmo, eliminaranse os residuos sólidos urbanos presentes na canle e nas marxes que, unha vez seleccionados por tipo de residuos, serán entregados a un xestor autorizado.

“Cremos que a conservación dos nosos cauces é a clave para que os cidadáns coñezan e valoren a riqueza natural que forman os ríos e o ecosistema que os sustenta, sabendo valorar, este é o obxectivo”, concluíu o presidente.