La Brújula de Radioestadio Ourense

Avance xornada deportiva da fin de semana

Comenza a xornada futbolística en practicamente todas as competicións con representantes ourensáns

Onda Cero Ourense

Ourense | 09.09.2022 11:08

Balón de fútbol
Balón de fútbol | Agencia EFE

A semana pasada comenzaba a Segunda Federación coa participación de Club Deportivo Arenteiro e Ourense Club de Fútbol.

Esta fin de semana comenzan a maioría das competicións futbolísticas do resto de representantes ourensáns.

Calendario deportivo da fin de semana

Segunda Federación

CD Arenteiro - Bergantiños

O Arenteiro xoga o domingo a partir das 17:00 horas no campo de O Couto un novo derby.

Despois do empate da semana pasada, que soubo a pouco tendo en conta as boas sensacións do equipo de Fran Justo, o Arenteiro desplázase a O Couto para xogar cómo "local" frente ó Bergantiños de Lemos.

Marino de Luanco - Ourense CF

O Ourense CF viaxa a terras asturianas para enfrentarse ó Marino de Luanco o domingo a partir das 18:00 horas.

O equipo de Rubén Domínguez ten o reto de comenzar a sumar despois da derrota da semana pasada no Couto co Rayo Cantabria

Terceira Federación

UD Ourense - Rápido de Bouzas

Comenza a terceira federación esta fin de semana e faino no campo de O Couto co partido que enfrenta ó Ourense co Rápido de Bouzas o sábado a partir das 19:00 horas.

O equipo de Jorge de Dios, despois do seu ascenso desta tempada, buscará comenzar con bo pé diante da afección vermella.

CD Barco - Arosa SC

O Barco abre a liga en Calabagueiros o domingo a partir das 18:00 horas frente ó Arosa.

Os de Javi Rey enfréntanse ante un dos principais candidatos ó ascenso, o Arosa de Luisito.

Preferente Galicia

Volve tamén a competición á Preferente Galicia coa particularidade que se recuperan os 2 grupos (norte e sur) de 20 equipos e con un formato de competición similar á época pre Covid.

Calendario dos equipos ourensáns de preferente

  • Porriño Industrial - UD Barbadás (domingo 11 de setembro, 12:00 horas)
  • Verín CF - Atlético Arnoia (domingo 11 de setembro, 18:00 horas)
  • Antela FC - Pontevedra CF B (domingo 11 de setembro, 17:30 horas)

Volve tamén o fútbol provincial e comenzan algunha das competicións de base cómo a liga nacional xuvenil que este ano conta co Pabellón e a UD Ourense