Comercio

Arranca a feira do libro co obxetivo de impulsar o sector

Ata o sábado abre as súas portas a Feira 37ª edición da Feira do Libro de Ourense, que nesta ocasión concentra unha ducia de stands distribuídos na rúa do Paseo coas novidades editoriais das principais librarías da cidade das Burgas.

Óscar Gómez

Ourense | 03.06.2021 09:24

Arranca a feira do libro co obxetivo de impulsar o sector
Arranca a feira do libro co obxetivo de impulsar o sector | onda cero

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron na inauguración do evento, cuxo pregón oficial correou cargo do escritor Miguel Anxo Fernández. A Feira do Libro de Ourense enmárcase dentro do circuíto das 12 feiras que se celebran durante desde abril a agosto noutras tantas localidades de toda Galicia co apoio da Xunta, desta vez baixo o lema Libros no Camiño, en recoñecemento ao Ano Santo.

Na súa intervención, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade convidou a todos os ourensáns a participar deste evento que lles brinda a oportunidade de manter contacto directo coa trintena de escritores, tradutores e ilustradores que estarán presentes nos distintos stands, ao tempo que beneficiarse dos descontos do 10% na merca de exemplares nas casetas das nove librarías participantes (Nobel, Editorial Planeta, Pedreira, Cortizas, Kathedra, Punto e Coma, Padre Feijoo, La Viuda e A’Nova).

Feira do libro de galicia
Feira do libro de galicia | onda cero

Acordo coa Federación de Libreiros

A 37ª Feira do Libro de Ourense celébrase ao abeiro do acordo asinado entre o Goberno galego e a Federación de Libreiros de Galicia, a través do que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade colabora con 120.000€ na celebración das 12 citas que compoñen este ano o calendario, catro máis que o ano pasado. Tras Ferrol, Santiago, O Porriño e Ourense, o percorrido continuará por Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos. Ademais destas citas, o sector literario de Galicia tamén estará presente nas Feiras Liber, en Madrid, e de Frankfurt, previstas para o vindeiro mes de outubro.