Baloncesto

Os acionistas do COB chegan a un acordo para o futuro do equipo

O equipo realizará unha ampliación de capital na que Pedro Fernández se compromete a adquirir o 51% das accións para liderar o proxecto do equipo na próxima tempada en LEB Oro.

Óscar Gómez

Ourense | 09.06.2022 10:30

O Hereda COB a dous partidos do ascenso a Leb Ouro
O Hereda COB a dous partidos do ascenso a Leb Ouro | onda cero

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mantivo una xuntanza na Alcaldía co representante da Deputación Provincial de Ourense, Bernardino González, o presidente, Camilio Díaz, e o máximo accionista do Club Ourense Baloncesto, Pedro Fernández de Grupo Hereda para analizar a situación do club a nivel accionarial e de xestión cara a próxima temporada na que o equipo da cidade volverá competir na liga LEB Oro do baloncesto español.

Tras esta reunión chegouse a un acordo polo que o Club Ourense Baloncesto realizará una ampliación de capital na que o actual máximo accionista, Pedro Fernández comprométese a adquirir o 51% da sociedade anónima deportiva, realizando una achega de 100.000 euros, a maiores dos recursos xa adiantados ao club esta tempada. Con esta operación, Fernández será responsable da dirección do equipo, que asumirá na condición de propietario do 51% das accións.

O alcalde destacou a importancia do acordo para a viabilidade do club, do que o Concello e a Deputación Provincial son copropietarios con cadanseus 14% de accións: “O noso deber é velar non só por ese accionariado senón tamén polo club, que é unha parte importante da cidade tanto a nivel deportivo como a nivel social”. Neste senso, recoñece e agradece a Pedro Fernández a súa decisión de apostar por Ourense: “Que a xente de fóra veña a Ourense a invertir é vital”, explica o rexedor, quen destaca que “é o que sempre defendemos: o principal impulso do equipo debe vir de capital privado. O Concello dá apoio ao club pero o peso maior non pode vir da administración pública”, asegura.

Por estes motivos, o alcalde valora positivamente este acordou mais subliña que o Concello e a Deputación esixirán como condición imprescindible para apoiar esta opción que se garantise que o club seguirá sempre na cidade