Ocio

Aberto o prazo para solicitar vacacions en residencias de tempo libre da Xunta

Ofértanse 2.720 prazas en dez quendas repartidas entre os meses de xullo a outubro nas residencias de Panxón e O Carballiño.

Óscar Gómez

Ourense | 11.04.2024 08:16

Aberto o prazo para solicitar vacacions en residencias de tempo libre da Xunta
Aberto o prazo para solicitar vacacions en residencias de tempo libre da Xunta | onda cero

A Xunta adianta un mes a apertura de prazo para que as familias soliciten o programa de vacacións nas Residencias de Tempo Libre autonómicas, que ten lugar durante os meses de xullo a outubro. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, anunciou esta mañá, durante unha visita o centro de Nigrán, que o Diario Oficial de Galicia publicará mañá esta convocatoria para que as familias teñan máis tempo para planificar as súas vacacións.

Na edición deste ano 2024, este programa contará con 2.720 prazas repartida en dez quendas durante os meses de xullo a outubro nas residencias de Panxón (Nigrán) e O Carballiño. Deste xeito, o prazo de solicitude abrirá o venres 12 de abril e permanecerá aberto ata o día 25. Como cada ano, as familias numerosas, monoparentais, acolledoras e de vítimas de violencia de xénero, contarán con acceso prioritario.

En concreto, a residencia de Panxón ofertará 1.400 prazas e a do Carballiño outras 1.320. O Goberno galego ampliou o pasado ano as quendas ata o mes de outubro para que as familias con fillos maiores ou sen fillos poidan desfrutar tamén destas residencias. Ademais, antes da pandemia as quedas eran de entre nove e dez noites, e agora son de seis noites. As solicitudes deberán realizarse por sede electrónica da Xunta e as tarifas terán prezos asequibles para as familias.