Ximnasia

18 Ximnastas do Pavillón competiron en Zaragoza no nacional absoluto

O Ximnasia Pavillón desprazou a Zaragoza ós tres conxuntos de nivel absoluto acompañados polas suas adestradoras Natalia Gómez, Alba Estévez e Yaiza Rodríguez, para participar na competición que pon punto e final á tempada 2022 e que mostrou un alto nivel en todas as categorías.

Óscar Gómez

Ourense | 19.12.2022 08:41

18 Ximnastas do Pavillón competiron en Zaragoza no nacional absoluto
18 Ximnastas do Pavillón competiron en Zaragoza no nacional absoluto | onda cero

O primeiro en competir foi o conxunto infantil que este ano se estreou neste nivel de competición procedente do nivel base. Martina, Maya, Xisela, Sheila, Gretel e Daniela realizaron un moi bó exercicio na primeira rotación do venres que lles daba unha puntuación de 18,600 e as colocaba no posto 31. O sábado desencadenaron varios erros coa corda e baixaron a ocupar o posto 44 na clasificación xeral.

O conxunto alevín (Lara, Alma, Claudia, Carla, Bianca e Olga) non estiveron acertadas na primeira rotación do venres pola tarde con un grave error que incluiu saída do tapiz do aro. Na xornada do sábado lograron mellorar moito o seu exercicio e finalmente ocuparon o posto 24 na clasificación final.

O conxunto junior fixo vibrar á grada pavillonista co seu exercicio xa na xornada de venres. Candela, Laura, Noa, Claudia, Mariña e Paula actuaron hacia as 19:30 da tarde cando xa sairan ó tapiz 34 conxuntos junior. Lograban unha excelente puntuación de 23,550 que as colocaba nese momento no posto 8º que mantiveron ata pouco tempo antes do remate da xornada que finalmente se saldou con un 10º posto. O sábado baixaron un pouco a súa puntuación pero aínda así ocupan o posto 15º da clasificación xeral. Dúas actuacións excelentes que mostraron o seu bó momento competitivo e a súa seguridade e veteranía, estando á altura dos mellores conxuntos nacionais nunha competición de gran nivel.

Os tres conxuntos comezan xa a vindeira semana a preparar os novos exercicios para a tempada 2023. O equipo infantil centrarase no conxunto e os equipos alevín e junior prepararán, ademáis do conxunto, os exercicios para a competición individual.