Acoso

Detido como presunto autor dun delicto de odio

Un alumno de 41 anos dun centro educativo de Ourense foi detido pola Policía Nacional acusado dun presunto delicto de odio

Óscar Gómez

Ourense |

Policía Nacional | OC

Un alumno de 41 anos dun centro educativo de Ourense foi detido pola Policía Nacional acusado dun presunto delicto de odio.

Os axentes foron requerido no centro de ensinanza despois de que unha profesora estivera a punto de ser agredida polo detido.

A docente recriminou unha incorrección ó alumno e este comezou a insultar a unha compañeira de aula con expresións malsonantes sobre a sua orixe.

Expulsado de clase, tentou agredir á profesora, impedíndoo outro alumno que recibíu tamén todo tipo de improperios racistas.

Tomadas declaración, a policía procedeu á detención de este alumno no día de onte.

Lembran dende a Comisaría que as mensaxes de odio son contrarias á convivencia.