Deputados do PP de Ourense e León denuncian que unha vez rematados os primeiros nove meses do ano, o goberno socialista segue sen licitar o primeiro tramo a autovía A-76 entre Villamartín de la Abadía e Requejo.
Lembran que o goberno de Pedro Sánchez incumpríu flagrantemente os compromisos de licita-las obras no 2023 e o 2024.
Piden tamén que os socialistas valdeorreses e bercianos alcen a voz contra as dilacións do executivo central con esta infraestructura tan necesaria.

