Ourense Cidade

O Concello decide ampliar a 20 millóns de euros as axudas para autonómos

Estruturarase a través de axudas liñais e directas, para reducir ao máximo a tramitación burocrática. O alcalde trasaladoulles aos representantes dos colectivos afectados a receptividade do Concello por adoptar estas medidas.

Óscar Gómez

Ourense | 31.03.2020 08:45

Gónzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense
Gónzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense | Periódico Barrios

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou unha ampliación das axudas a autónomos e pequeno comercio, así como para reforzar as axudas sociais para as persoas e colectivos máis vulnerables, até os 20 millóns de euros, logo dos 10 anunciados o pasado 20 de marzo. O rexedor ten claro que “nestes momentos o que temos que facer é axudar as persoas e colectivos que se están vendo afectados de xeito especial pola situación de alarma debido ao COVID19”, dixo.

Esta decisión, comunicada previamente aos integrantes do grupo de goberno, estase analizando cos técnicos municipais co obxectivo de “minimizar ao máximo a tramitación burocrática, pois do que se trata é de que chege o antes posible”. Pérez Jácome lembrou tamén que “fomos o concello de España que puxo enriba da mesa a maior resposta orzamentaria, dentro das nosas posiblidades, para tentar paliar unha situación que se agrava coa ampliación do estado de alerta decretado polo Goberno”. Toda vez que os técnicos municipais concreten o proceso, pechando o exercicio económico de 2019, fixarase a contía económica a través de axudas liñais.

Zona de vinos ourense
Zona de vinos ourense | onda cero

O alcalde trasaladoulles aos representantes dos colectivos afectados, en diversos encontros, a receptividade do Concello por adoptar estas medidas, máis alá de outros planeamentos coma os de de modificar o calendario tirbutario, co aprazamento do pago de impostos -IBI e Imposto de vehículos-, ademais de deixar sen efecto o cobro de taxas -veladores-, debido ao peche dos establecementos de hostalaría.

O mellor trámite burocrático é o que non se fai”, insiste Jácome, que considera que nestes momentos “non podemos poñernos a examinar con lupa a situación dos máis de 9.000 autónomos que hai na cidade”.