O Comité Cidadán Antisida denuncia os recortes e anuncia unha subasta de arte para recadar fondos

O Comité Cidadán Antisida de Ourense fará no nadal unha subasta de arte para recadar fondos que permitan darlle continuidade as suas actividades e servizos despois das dificultades que están a pasar cos recortes e que acaban de denunciar coincidindo cos actos do Dia mundial de loita contra a sida.

ondacero.es

Ourense | 02.12.2013 14:27

O Comité Cidadán Antisida de Ourense fará no nadal unha subasta de arte para recadar fondos que permitan darlle continuidade as suas actividades e servizos despois das dificultades que están a pasar cos recortes e que acaban de denunciar coincidindo cos actos do dia mundial de loita contra a sida. O coordenador de programas e servizos do comité, Agustín González Ferro asegura que se funciona é por unha alta dose de vontariado e porque hai traballadores que incluso están dispostos a doblar turnos sen cobrar para  a que nengunha persoa afectada por VIH en Ourense se quede sen o dereito a atención da sua saude. O Comité Antisida de Ourense funciona actualmente cun orzamento de 116.000 euros e na Casa de Acollida, tras facer unha reducción de plantilla, conta na actualidade con tres persoas para atender servizos que en moitos casos son a persoas con alto nivel de dependencia.Sobre a problemática actual da enfermidade dende o comité antisida fan fincapé no aumento de contaxios de VIH pola via das relación sexuais, especialmente homosexuais polo que fan un chamamento para que en relación de risco se use o preservativo