A CIG acusa ao CHUO de eliminar as obrigas empresariais cos traballadores no plego de adxudicación da limpeza

A CIG ven de denunciar que o prego de cláusulas administrativas elaborado pola xerencia do Complexo Hospitalario de Ourense para contratar o servizo de xestión integral elimina as obrigas da empresa cos traballadores e as condicións laborais sobretodo no apartado da limpeza

ondacero.es

Ourense | 13.01.2014 14:34

Complexo Hospitalario de Ourense
CHUO | Sergas

A CIG ven de denunciar que o prego de cláusulas administrativas elaborado pola xerencia do Complexo Hospitalario de Ourense para contratar o servizo de xestión integral elimina as obrigas da empresa cos traballadores e as condicións laborais sobretodo no apartado da limpeza. O sindicato asegura que esta nova adxudicación da seguridade privada, limpeza, mantemento e subministro eléctrico supón un retroceso importante por canto se privatizarán servizos que ata agora non o estaban e fai especial fincapé nas condicións do servizo de limpeza onde desaparecen o número de persoas obrigatorias por planta, quenda ou servizo ou o relativo a susbtitucións o que fai, según a Cig, que sexa a empresa a que teña plena liberdade para decidir sen que existan garantías de que estén cubertas todalas necesidades. Dende a CIg advirten que esta adxudicación pode xerar unha situación laboral conflictiva polo que demandan da xerencia que revise o prego de condicións e recupere as cláusulas anteriores relativas ao persoal e cubra o baleiro nas obrigas legais que debe ter a empresa co sergas e cos traballadores.