A Praza do Ferro de Ourense serviu coma marco de presentación da rodaxe cinematográfica da "Esmorga" baseada na obra literaria de Eduardo Blanco Amor. O director de Via Láctea Films, Ignacio Vilar asegura que tentará captar fidelignamente a atmósfera desta obra literaria universal. O escritor e director de Galaxia, Victor Freixanes implicado no proxecto lembrou que tiña unha "espina cravada" dende que nos anos 70 cando se rodou o filme "La parranda" . Concello de Ourense, deputación e Xunta de Galicia respaldan este proxecto audiovisual galego. Precisamente a xunta a través de Agadic aportará 335.000 euros que conselleiro fde cultura Xesús Vázquez xustificaba pola importancia do proxecto audiovisual feito en galego e en galicia e que permitirá extender o coñecemento da obra de Blanco Amor incluso a quenes non coñecen a novela máis aló de Galicia.
Via láctea filmas está agora a pechar o casting para decidir quenes serán os tres actores principais .