Sucesos

O baixo prezo da droga en Ourense faina máis atractiva

4 mil multas por consumo público nos últimos 5 anos

Paco Sarria

Ourense |

Preocupación policial pola droga adulterada na cidade xa que van contabilizadas 6 víctimas mortais nos últimos seis anos.

Está constatado que na preparación das doses vendidas nos narcopisos son usadas sustancias para o corte como a cafeína, o paracetamol ou o ácido bórico.

A adulteración das doses explica tamén o baixo prezo que fai máis atractiva a súa compra.

O perfil medio do tóxicómano ourensán é o de unha persoa de 40 anos de media e con un problema cronificado.

Nos últimos anos a policía ten imposto 4 mil multas por consumo en lugares públicos.