A concelleira de urbanismo do Concello de Ourense, Aurea Soto chamou hoxe "mentiroso" ao voceiro popular, Rosendo Fernández por asegurar que a sentencia que anula a licencia de construcción do centro de saude do 21 obedece ao "proceder irregular do goberno socialista" na cesión de terreos. Soto afirmou hoxe que a conclusión desta sentencia e da anterior do contencioso admnistrativo permite afirmar que quen fixo mal as cousas foi o PP aprobando un plan de urbanismo que foi anulado pola xustiza