Onda Deportiva Ourense - Fútbol

A fin de semana futbolística en Ourense

Victoria de CD Arenteiro e xornada de derbys no fútbol ourensán da fin de semana

Onda Cero Ourense

Ourense | 07.03.2022 13:18

Onda Deportiva Ourense - Fútbol

2ª Federación

CD Arenteiro 2-1 CD Móstoles

Importante triunfo dun Arenteiro que segue de doce neste 2022 e que desta vez superou ao Móstoles en Espiñedo nun encontro que non foi moi vistoso, pero no que os de Fran Justo aproveitaron mellor a súa efectividade. Tras unha primeira metade de pouco xogo, moitas faltas e interrupcións e sen apenas ocasións, chegouse ao descanso. Trala reanudación, os do Carballiño deron un paso adiante e tras un aviso de Portela acadaron o primeiro tanto da tarde cun remate de Raúl Blanco a saída dun saque de esquina. O Móstoles acadaría o empate minutos despois, tras un erro de Diego García e Portela, que non se entenderon para despexar o coiro. Pero era o día do Arenteiro, unha subida por banda de Victor Eimil rematou nun centro de Zanelli non perdonaría. No 92, co tempo xa cumprido, Diego García evitaba o empate do Móstoles e os 3 puntos quedan no Carballiño.

A vindeira semana o Arenteiro visita ó filial de CD Leganés

3ª Federación

Noia 0-0 Atlético Arnoia

Empate do Arnoia que lle serve de pouco, xa que os de Iván González precisan sumar xa de 3 en 3 se queren ter opcións de salvación. Desta vez igualaron fora da casa ante o Noia e co gardamallas Gándara detendo un penalti ao local Tato que permitiu os anoianos sumar 1 punto que os saca da posición de colista, pero que non lles permite recortar cos postos de permanencia.

A vindeira semana o Atlético Arnoia recibe na Queixeira ó Viveiro.

Ourense CF 4-1 CD Barco

No derbi da Terceira os 3 puntos quedaron na capital, nun partido no que o marcador reflexou un resultado máis abultado do que se viu sobre o terreo de xogo. Adiantáronse os de Rubén Domínguez aos dous minutos de xogo, gracias a un tanto de Gabri Palmás. Un gol que foi un mazazo para un Barco, que non obstante se recuperaría na segunda metade e igualaría a contenda gracias a un tanto de David Álvarez dende a frontal. A expulsión de Víctor Oliver deixou moi tocado aos de Valdeorras, porque ademais de quedar cun menos, Jerín tranformaba un libre directo que volvía a pór por diante aos ourensáns. O propio Jerín e Amin completarían a goleada.

A vindeira semana o Ourense CF viaxa a Cangas para enfrentarse ó Alondras e o CD Barco recibe en Calabagueiros ó Fabril Deportivo

Preferente Galicia

Velle 1-2 Ourense

Novo triunfo do Ourense que continúa invicta e que pasará a seguinte fase da liga cos mellores números de toda a Preferente. Os de Jorge de Dios visitaban a un Velle necesitado de sumar e que non llo puxo fácil os vermellos. De feito os locais adiantábanse no amrcador gracias a un tanto de Jorge, pero o bo facer dos vermellos permitiría darlles a volta, primeiro cun cabezzo de Viti a pase de Ocampo antes do descanso e xa na segunda metade, cun remate de Ocampo a saída dun saque de esquina.

A vindeira semana o Ourense recibe no couto ó Atios e o Velle viaxa ó Porriño para enfrentarse ó Pontellas

Barbadás 2-2 Nogueira

O Barbadás, coa súa presencia xa asegurada na fase de ascenso, empatou nos Carrís co Nogueira, nun encontro moi desputado e aberto e que rematou en táboas. Oli adiantaba aos locais de penalti e David Soares igualaba xusto antes do descanso. Na segunda metade, novamente Oli volvía a pór en vantaxe aos de Bruno Gómez e no 90 volvía a parecer Soares para igualar a contenda.

A vindeira semana o Barbadás vivirá un novo derby, neste caso no José Argiz de Verín e o Nogueira recibirá na Tella ó Mondariz.

Polígono 0-4 Verín

Goleada do Verín ante un Polígono que volve a ocupar os postos de colista, tras varias semanas fora dos mesmos. Os de Juanjo Vilachá foron moi superiores dende o comezo e ao descanso xa vencían por 0-3, gracias aos tantos de Luisito e Hugo por partida dobre. O propio Hugo firmaría o cuarto de penalti na segunda metade e os 3 puntos marcharon para un Verín necesitado de sumar para asegurar a súa presenza na fase de loita polo ascenso.

A vindeira semana o Verín recibe ó Barbadas e o Polígono ten xornada de descanso.

Fútbol Feminino

Peñasco 2-1 EFF Rosalía

Derrota do Rosalía nun duro encontro ante outro dos favoritos do grupo o Peñasco e que levou o triunfo gracias a súa efectividade de cara a porto, nun encontro moi tenso e marcado pola clasificación. Na primeira metade, non houbo un claro dominador e nunha xogada aislada adiantouse o Peñasco por mediación de Tamara. Na segunda metade o Rosalía foise arriba en busca do empate, pero topáronse coa cancerbeira rival que desbaratou varias ocasións das de Saa. Tamara anotaba o segundo para o Peñasco que parecía decisivo. As pontinas pelexaron ata o final e Fara recortou diferencias, pero xa non houbo tempo para máis.

E tamén ... polideportivo