Onda Deportiva Ourense - Fútbol

Así foi a fin de semana futbolística en Ourense

Analizamos a última xornada no fútbol ourensán e a previa da vindeira

Onda Cero Ourense

Ourense | 06.04.2022 18:53

Onda Deportiva Ourense - Fútbol

2 RFEF

Marino de Luanco 0-0 CD Arenteiro

Empate do Arenteiro na súa visita a terras asturianas, nun encontro no que os de Fran Justo dominaron o xogo, pero non foron quen de perforar a meta rival. Un punto que sirve para sumar e seguir na zona media da táboa, pero que non afasta o descenso, agora con só 3 puntos de marxe. A primeira metade estivo marcada pola falta de ocasións de gol de ambos equipos, pero xa na segunda os do Carballiño deron un paso adiante e fóronse a polo partido, pero non foron quen de superar a meta rival. O Arenteiro reclamou un penalti nos minutos finais e nesa mesma xogada, Alberto Lora tirou de veteranía e provocou a expulsión dun Pibe que caeu na trampa.

A vindeira semana o Arenteiro recibe en Espiñedo á UD Llanera

3 RFEF

Ourense CF 2-0 Atlético Arnoia

Clara vitoria do Ourense CF que superou no Couto a un combativo Arnoia, que cada xornada que pasa vai quedando sen marxe para acadar a salvación. Tras unha primeira metade moi pobre en canto a xogo e ocasións, o encontro abriuse na segunda metade e co paso dos minutos os de Rubén Domínguez foron medrando sobre o campo e no minuto 65 Gabri Palmás, tras un pase filtrado por Iker Hurtado adiantaba aos locais. Xa no 88 co Arnoia tentando subir en busca do empate, chegou unha perda de balón que recolleu Jerín e cedeu para Iker Hurtado que facía o 2-0 definitivo.

A vindeira semana o Ourense CF viaxa a Coruña para enfrentarse ó Silva e o Atlético Arnoia recibe na Queixeira ó filial do RC Deportivo.

Xornada de descanso para CD Barco

A vindeira semana o equipo valdeorres viaxa a Cangas para enfrentarse ó Alondras CF.

Preferente Galicia, fase de ascenso

Portonovo 1-0 UD Ourense

Portonovo 1-0 UD Ourense

Primeira derrota da tempada dun Ourense que amosou a súa peor versión da tempada sobre o céspede de Baltar. Un encontro no que os de Jorge de Dios non estiveron nada finos e que apenas xeraron perigo sobre a meta rival. O Portonovo aproveitou a súa ocasión na primeira metade e púxose por diante. Xa na segunda os ourensáns fóronse a polo encontro, pero topáronse cun rival moi ben plantado defensivamente e que desbaratou unha e outra vez as ocasións vermellas, xerando incluso perigo nas contras. Dose de realidade para un equipo que chegaba invicto e ao que lle vai tocar pelexar moito para ascender.

A vindeira semana o Ourense recibe no Couto ó filial do Pontevedra CF nun partido declarado "día do socio" e no que os abonados da UD Ourense poderán convidar a unha persona a acceder o campo do Couto de forma gratuíta. Asimesmo, os socios de Club Ourense Baloncesto poderán entrar de xeito gratuito con motivo de un acordo de colaboración entre ambos clubes.

Gran Peña 4-0 Verín CF

Dura derrota do Verín na súa visita o Gran Peña, que levou un choque no que os verinenses comezaron dominando e creando ocasións, pero perdoaron e acabaron pagándoo cunha derrota. Aos 15 minutos os locais xa mandaban no marcador e antes do descanso o resultado xa era de 2-0. O maior mazazo chegou na segunda parte, cando o Gran Peña fixo o terceiro e deixaba a empresa imposible para o Verín. Xa no 71 os locais farían o 4-0 definitivo que afasta os verinenses das posicións de ascenso.

A vindeira semana o Verín recibirá no José Argiz ó Umia

Pontevedra B 3-1 Barbadás

Derrota do Barbadás na súa visita o Pontevedra “B”, nun encontro marcado pola expulsión de Marcelo Faria aos 14 minutos de xogo. Con un menos o Barbadás non puido cun Pontevedra que se foi a polo encontro, pero que non foi quen de abrir o marcador ata a segunda metade. No minuto 49 chegaba o primeiro dos granates, que facían o segundo no 63. José Ramón recurtou diferenzas no 70 e co Barbadás volcado en busca do empate, chegou o definitivo 3-1 xa no 90.

A vindeira semana o Barbadás recibe nos Carris ó Vilalonga.

Preferente Galicia, fase de permanencia

Sanxenxo 2-0 Nogueira

Derrota do Nogueira na súa visita a Sanxenxo, nun encontro no que os locais aproveitaron un gol en cada tempo para levar un valioso triunfo. Os de Bruno Gómez competiron e tentaron evitar a derrota, pero non puideron impor a súa lei, a pesar de que os locais quedaron con 10 a media hora de xogo. Unha derrota que pese a todo mantén o Nogueira fora dos postos de descenso.

Polígono San Cibrao 1-1 Sporting Guardés

Empate dun Polígono que soñou durante moitos minutos co triunfo e ao que un penalti decretado polo colexiado privou de sumar 3 importantes puntos. Os industriais competiron de ti a ti co Sporting Guardés e adiantábanse na primeira metade, gracias a un tanto de Iván Pérez. Os visitantes igualaron dende os 11 metros e o Polígono foise arriba en busca do triunfo nos últimos 20 minutos, pero o marcador xa non se movería.

Fútbol Femenino

EFF Rosalía 9-0 Porriño

EFF Rosalía 9-0 Porriño Industrial

Vitoria da EFF Rosalía que superou con contundencia o Porriño Industrial e segue na pelexa pola segunda praza, xa co playoff asegurado. O dominio foi tal que o marcador ao descanso xa reflrexaba un contundente 7-0, con 4 goles de Zaira, 1 de Lidia, 1 de Laura e outro de Noa. Xa na segunda metade Lidia e Noa Fernández facían o 9-0 definitivo, que deixa o Rosalía na cuarta praza a 3 puntos da segunda e cun encontro menos.

E tamén ... polideportivo