Más de Uno Ourense

Espectacular liga Fantasy en Ourense

Habituais da Liga Fantasy celebraron recentemente un evento espectacular do que nos falou en Más de Uno Ourense Miguel Barbosa.

Onda Cero Ourense

Ourense | 27.09.2023 13:51

A aventura deste grupo de amigos comenzou como un simple xogo para pasar o rato entre amigos. Co paso do tempo este xogo convertiuse nunha excusa perfecta para manter as relacións.

A Liga Fantasy rematou con unha gala na que se xuntaron 54 amigos dos cales 20 son participantes activos da liga.

Gala Liga Fantasy

Para a gala alugaron unha finca en Amoeiro, contrataron autobuses, magos, dj's ... unha auténtica festa que comenzou nun autobús e rematou nas rúas de Ourense.

A entrega de premios foi un auténtico espectáculo no que houbo fogos de artificio e sobre todo moita diversión.

A expectación é tanta que ata lle chegaron comentarios de outros grupos de amigos que poden replicar este particular fin de tempada.

Gala Liga Fantasy de Ourense
Gala Liga Fantasy de Ourense | Onda Cero Ourense