O alcalde de Ourense, Agustín Fernández chama á rebelión contra o canon de SOGAMA

O alcalde socialista de Ourense, Agustín Fernández calificou coma "desproporcionada" a suba dun 34% do canon por tonelada de xestión de residuos sólidos urbáns de SOGAMA. O rexedor ourensá pidelle á Xunta de Galicia que tome medidas ao respecto e xa adianta que non pensa subir o recibo aos veciños.

ondacero.es

Ourense | 30.10.2013 14:25

Agustín Fernandez
Agustín Fernandez | onda cero

O alcalde de Ourense, o socialista Agustín Fernández calificou hoxe coma desproporcionada a suba dun 34% do canon por tonelada de xestión de residuos urbáns de SOGAMA que pasará en 2014 de 55,91 euros a 74,64. O rexedor ourensá pidelle á Xunta de Galicia que tome medidas ao respecto e xa adianta que non pensa subir o recibo aos veciños. Agustín Fernández chama a que os concellos se rebelen para obrigar á xunta a cambiar o sistema de xestión de residuos e culpa a  SOGAMA da "mala xestión". Asemade lamenta que o cambio de tarifa do que ainda se enteraron onte obrigue a trastocar os orzamentos. O alcalde de Ourense aproveitou a xunta de voceiros celebrada esta mañá para pedirlle ao voceiro do PP, Rosendo Fernández que faga de mediador ante o goberno galego para resolver o problema. Precisamente Rosendo Fernández admitíu que a suba que deriva do canon de Sogama é importante pero propón que para poder repercutila, o alcalde baixe o recibo do lixo xa que entende que "é un dos dos mais caros de Galicia"