Ourense Ciudad

Acabar co botellón será responsabilidade da Policia Local

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou o anteproxecto dunha nova ordenanza reguladora da prohibición do fenómeno do "botellón" na vía pública.

ondacero.es

Ourense | 09.11.2018 11:51

La medida será permanente en el tiempo
La medida será permanente en el tiempo | O.C.

A iniciativa irá acompañada de medidas sancionadoras pero tamén educativas. Para o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez a prioridade será evitar o consumo de alcol nos menores. O rexedor sinalou que era unha gran demanda social que requería ser atendida e ca que o goberno popular quere comprometerse "sen ambigüidade"."

O anteproxecto de ordenanza contempla sancións que van dende os 600 euros ate os 10.000 tanto a quenes consuman coma a quenes vendan alcol a menores ou ou os inciten mediante accions publicitarias.

Será a policía local a que teña a obriga de controlar o consumo, venta ou publicidade de alcohol a menores, anque o alcalde insiste en que se trata dunha batalla que hai que gañar polo terreo da concienciación cívica a partires dun traballo colectivo e transversal das distintas áreas municipais.

O anteproxecto da nova ordenanza de convivencia cívica e prevención da saúde reúne boa parte das normativas existentes na actualidade. Ca aporbación en xunta de goberno inícise unha primeira fase de exposición para posibles alegacións e discusión política .