Seguridade

800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros viais

Tamén aprenderán a previr lesións no fogar

Paco Sarria

Ourense | 06.05.2024 15:59

Máis de 800 escolares ourensáns aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións no fogar da man da caravana Planeta ODS.

As actividades están promovidas pola Fundación Mapfre, terán carácter gratuíto e desenvolveranse ata o 10 de maio no Parque Barbaña en colaboración co Concello de Ourense.

A proposta incide en dinámicas educativas interactivas ó través das que coñecerán medidas para evitar sinistros no fogar e a realizar desprazamentos seguros.

Os escolares participantes e o seu profesorado, percorrerán tres espazos diferentes nos que desenvolverán esas experiencias didácticas. Serán "O enigma da galería virtual", unha "Escape Room" e "A aventura da prevención no Fogar Virtual".