Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 31/10/2022

Programa completo do 31/10/2022

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 31.10.2022 14:23

Festas de Samaín para despedir outubro en concellos como Pantón e O Saviñao, neste último concello será no pavillón polideportivo de Escairón e repasamos actividades coa concelleira de cultura Beatriz Rois. Xuntanza de Bloggers gastronómicos de Galicia na Ribeira Sacra. Unha iniciativa da que falamos con María Pérez Patiño, que foi unha das organizadoras. Este mesmo luns este territorio é o elixido para celebrar un encontro de cociñeiros galegos. Martin Mantilla é un dos promotores e no programa cóntanos cales son os obxetivos. En vésperas de celebrar o día de Todos os Santos e dos Fieis defuntos, repasamos significado relixioso destas datas, co párroco da Igrexa do Barrio da Estación, José Luis Vázquez Coego. A tenente alcalde do concello de Monforte, Gloria Prada repasa horarios do cemiterio municipal e entre outros asuntos preguntámoslle tamén pola RPT que hoxe leva a pleno o equipo de goberno. Repasamos novas do concello de Bóveda conversando co alcalde José Manuel Arias. Entre outros asuntos falamos tamén de taekwondo, novo campionato maña para os deportistas do Neka, falamos co adestrador, José María Vega.